substrato
(< lat substrātu)
-
s
m
Aquilo que constitúe a parte esencial do ser.
-
s
m
-
Aquilo que está baixo unha cousa e constitúe o seu soporte.
-
[BIOL]
Calquera material sólido diferente do solo que se emprega como soporte dunha planta. Distínguense dos solos naturais porque están separados do lugar orixinal onde se forman e porque se producen por mesturas de materiais naturais ou artificiais. Clasifícanse en: substratos orgánicos, dos que destacan as turbas e os materiais que se obteñen por procesos de fermentación e descomposición da materia orgánica, os substratos artificiais, como os plásticos, e os substratos inorgánicos como a perlita, vermiculita e os novos compostos formados a partir dos residuos orgánicos urbanos e lodos de depuradoras. As propiedades físicas e químicas destes substratos varían amplamente, así, as mesturas son moi comúns para obter un substrato mixto relacionado coas demandas de cada cultivo.
-
[BIOL]
Terreo ou lugar que serve de soporte a unha planta ou animal fixo.
-
-
s
m
[XEOL]
Capa ou estrato inferior.
-
s
m
[LING]
Lingua que, a consecuencia dunha invasión de calquera tipo, queda somerxida ou substituída por outra en que deixa pegadas. Os trazos máis estables do substrato pertencen sobre todo á fonética, ao léxico non fundamental e á toponimia. A morfoloxía e o léxico básico, en cambio, raramente sobreviven na lingua de importación. Un dos primeiros que falou da influencia do substrato foi o romanés Kopitar (1829), pero foi sobre todo G. I. Ascoli, creador do termo, quen desenvolveu o seu estudo, continuado por outros como Merlo, J. Hubschmid, Jud, Wartburg, Menéndez Pidal ou Corominas.
-
s
m
[BIOQ]
Substancia sobre a que actúa un enzima.
-
s
m
[FÍS]
Soporte de material semicondutor que se dopa para obter zonas p e n e constituír así un circuíto integrado. As súas funcións son a de servir de soporte mecánico e a de disipar calor.
-
s
m
[QUÍM]
Substancia de partida que se desexa transformar mediante unha reacción química.
-
s
m
[FILOS]
Aquilo que queda baixo outra cousa e pode significar tanto a substancia coma o suxeito e o suposto. O concepto equivale practicamente ao de suxeito, nun sentido lóxico e ontolóxico.