subversivo -va
subversivo -va
(< lat subversu, supino de subvertĕre‘subverter’)
-
adx e s
Que ou quen é capaz de subverter.
-
actividade subversiva
[DER]
Delito que inclúe toda clase de accións que atenten contra a seguridade do estado ou contra os gobernantes ou as disposicións legais aprobadas polas cortes ou o goberno dun país.
-
guerra subversiva
[BÉL]
Conflito revolucionario xurdido como reacción contra o poder establecido, que xeralmente utiliza medios indirectos e clandestinos e adoita basearse na estratexia da guerrilla.
-
movemento subversivo
[POLÍT]
Movemento político-social encamiñado a producir, mediante a axitación, un desgaste no poder e unha desconfianza nos cidadáns para, finalmente, apoderarse do goberno.