subxectivo -va
subxectivo -va
(< lat subiectīvu)
-
adx
Relativo ou pertencente ao suxeito.
-
adx
-
Que depende dos sentimentos da persoa ou está baseado neles.
-
Que nas súas valoracións e xuízos se deixa levar polos seus sentimentos.
-
-
adx
-
Que só existe en función do pensamento.
-
[MED]
Aplícase aos síntomas ou sensacións que son percibidas só polo doente.
-
-
economía subxectiva
[ECON]
Concepción da economía que ten por finalidade estudar as decisións humanas individuais ante a elección das alternativas posibles para a satisfacción das súas necesidades en función da adecuación dos recursos.