sulfolano

sulfolano
s m [QUÍM]

Composto heterocíclico saturado que consiste nun anel de cinco membros que contén un átomo de xofre en forma de sulfona. Emprégase na industria petroquímica para a extracción en contracorrente de disolventes aromáticos, e tamén no fraccionamento de alcatráns de madeira, como disolvente de polimerización e como plastificante.

Palabras veciñas

sulfo- | sulfocarbonismo | sulfohemoglobina | sulfolano | sulfona | sulfonación | sulfonal