sulfóxido
sulfóxido
(< sulf- + óxido)
s
m
[QUÍM]
Composto orgánico, de fórmula xeral R1-SO-R2, que se obtén por oxidación controlada de tioéteres, que se poden oxidar con gran facilidade en sulfonas. Ten aplicación en síntese orgánica polo carácter ácido que o grupo sulfinilo confire aos enlaces C-H dos átomos de carbono adxacentes. O composto máis sinxelo da familia é o sulfóxido dimetílico (CH3-SO-CH3), con excelentes propiedades como disolvente.