supernova

supernova

(

s f [ASTRON]

Estrela que, nun intervalo de tempo duns cantos días, aumenta o seu brillo intrínseco por medio dun proceso explosivo ata un valor que é un millón de veces maior ca o orixinal, e despois volve extinguirse rapidamente. Na época de máximo brillo pode chegar a ter unha magnitude aparente de -20 e, polo tanto, pode ser visible a pleno día. Hai dúas clases de supernovas: as do tipo I, que durante a explosión lanzan cara ao espazo material pobre en hidróxeno e nunha cantidade moi inferior á que contén o Sol, e as de tipo II, que principalmente envían hidróxeno ao espazo, en cantidades moi superiores á masa do Sol. Durante os últimos mil anos foron observadas a simple vista catro supernovas: unha en 1054, estudada polos astrónomos chineses, outra en 1572, descrita por Tycho Brahe, outra en 1604, estudada por Kepler e Galileo Galilei, e a cuarta en 1987, denominada supernova 1987 A, situada na nebulosa de Magalhães.