suposición

suposición

(

  1. s f

    Acción de supoñer ou supor.

  2. s f

    Aquilo que se supón.

  3. s f [FILOS]

    Propiedade dun nome ou dun termo en virtude do que responde a un ou máis significados. Pódese mencionar a suposición discreta, a suposición material, a suposición común e a suposición natural. O seu estudo ocupou un lugar central na lóxica medieval.

    1. s f [DER]

      Prevaricación ou falsidade que comete quen se atribúe unha calidade que non ten, ou se arroga un feito do que non é autor.

    2. suposición de parto [DER]

      Delito cometido polos que finxen que naceu un neno dunha muller que non é a nai, co que alteran o estado civil do neno.

Palabras veciñas

2 supoñer | 1 supor | 2 supor | suposición | supositorio | suposto -ta | Suppé, Franz von