Susa

Susa

Antiga cidade de Irán, situada na beira do Kārūn, uns 325 km ao L de Eşfähān. Corresponde coa actual Susa. En poder, primeiro, da dinastía autóctona de Awan (2400?-2230 a C), posteriormente foi sometida, como o resto do país, ao Reino de Accad (2371-2191 a C). Foi novamente sé da dinastía elamita de Simaški (2230-1850 a C), aínda que foi sometida aos guti (2240-2120 a C), á dinastía de Lagaš e á terceira dinastía de Ur (2113-2006 a C), ata a independencia dos elamitas. Supeditada aos casitas (1592-1160 a C), Elam recuperouse coa dinastía de Ansan e de Susa (1330-1150 a C), un de cuxos soberanos, Kutir-Na))unte, desterrou os casitas de Babilonia. Durante o período neoelamita (742-638 a C) apoiou a Babilonia contra Asiria. Tomada por Assurbanipal (638 a C), foi incorporada con toda a provincia de Elam ao Imperio Persa (539-331 a C). Ocupada por Alexandre o Grande (331 a C), a partir de 312 a C formou parte do reino seléucida. Baixo os partos (140 a C-224 d C) foi unha capital provincial, e no período sasánida (224-637 a C) foi destruída e reconstruída varias veces. Tomada polos árabes (638), iniciou o seu devalar ao comezo do s XIII.

Palabras veciñas

surxencia | Sūrya | Sus | Susa | Susaeta Ediciones S A | Sūsah | Sūsah