sutura
(< lat sutūra)
-
[MED]
-
s
f
Costura cirúrxica que se realiza, mediante fíos ou grampas, para unir dúas partes separadas como as beiras dunha ferida ou as extremidades dun tendón.
-
sutura absorbible
Sutura que se practica con materiais asimilables polos tecidos, como o tendón e o catgut, que se disolven por medio da acción do corpo.
-
sutura continua
Sutura en que se emprega un fío de lonxitude suficiente para efectuar unha serie interrompida de puntos.
-
sutura en bolsa de tabaco
Sutura continua que se realiza arredor dun orificio, que se cerra no momento de estirar os fíos e anoalos.
-
s
f
-
s
f
[ZOOL]
Unión de pezas óseas ou calcarias de orixe diferente, especialmente referida ás do cranio.
-
s
f
[BOT]
Liña de unión máis ou menos marcada que se observa nas beiras concrescentes dun carpelo. Nos ovarios monocarpelares denomínase sutura ventral, porque ocupa a posición oposta ao nervio medial ou dorsal.