swazi*

swazi*
    1. adx

      Relativo ou pertencente a Swazilandia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Swazilandia.

  1. [ETN]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo swazi.

    2. s

      Individuo do pobo swazi.

    3. s m pl

      Pobo bantú do grupo ngundi que vive en Swazilandia, a maior parte, na República Surafricana e Moçambique. Pobo pastor e agricultor, a súa organización social é estratificada. Os clans reais constitúen a clase dirixente do reino e están distribuídos por todo o territorio.

  2. s m [LING]

    Lingua bantú do phylum níxer-congo que se fala en Swazilandia, onde é a lingua oficial, e en África meridional.