swing*

swing*
  1. s m [MÚS]

    Calidade rítmica (balanceo) propia da música do jazz, que consiste nun desprazamento de acentos que desembocan nunha estratificación rítmica complexa. O termo foi utilizado por primeira vez en 1906 por Jelly Roll Morton e, a partir de 1953 considerouse como unha modalidade do jazz.

  2. s m [DEP]

    Golpe dado lateralmente que se realiza no boxeo por medio dun balanceo horizontal do brazo.

  3. s m [DEP]

    Movemento de balanceo, no golf, ao golpear a pelota.