Szondi, test de
Szondi, test de
[PSIC]
Test proxectivo, creado en 1947 polo psiquiatra húngaro Lipot Szondi, que consiste en escoller, de cada unha das seis series de fotografías de enfermos mentais de que consta, dúas fotografías que agraden e outras dúas que desagraden. Os datos que se obteñen empréganse en psicodiagnose. OBS: Tamén se denomina proba de Szondi.