sandhi

sandhi

(

s m [LING]

Fenómeno fonolóxico polo que os extremos das palabras, máis ca no caso interior, se modifican por influencia doutras palabras veciñas no texto. Por exemplo, en sardo, o c de cosa, sonorizou, por estar na frase, a miúdo, en situación intervocálica: una gosa. En galego, ocorren modificacións deste tipo en determinadas combinacións fonéticas, en que aparecen variantes combinatorias e fenómenos como a sinalefa. OBS: Tamén se denomina fonética sintáctica.