saxofón
saxofón
(< fr saxophone
-
s
m
[MÚS]
Instrumento aerófono de metal de lingüeta sinxela, inventado por Charles-Josef Sax arredor de 1840. O seu corpo é amplo e ten perforación cónica. Existen as modalidades de sopranino, soprano, contralto, tenor, barítono, baixo e contrabaixo (afinados en mi bemol e si bemol alternativamente). A partir de 1920 tivo unha gran difusión na música lixeira e introduciuse nas bandas de jazz, en que desprazou o clarinete da súa posición preeminente.
Sinónimos: saxo. -
s
[MÚS]
Músico que toca o saxofón.
Sinónimos: saxo.