semántico -ca

semántico -ca

(< grσημαντικός)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á significación das palabras.

  2. campo semántico [LING]

    Área cuberta, dentro do dominio da significación, por unha palabra ou un grupo de palabras dunha lingua.

  3. cambio semántico [LING]

    Modificación da significación dunha palabra por desprazamento da relación entre significante, significado e referente por causas diversas (históricas, lingüísticas, sociais, psicolóxicas). Recibe o nome de contracción cando hai unha transición dun significado xeral a un específico; o de expansión cando hai un tránsito dun significado específico a un xeral; e o de translación cando os dous significados se ven implicados por unha relación de veciñanza entre os designados.

Palabras veciñas

semang | semantema | semántica | semántico -ca | semantista | Semarang | semasioloxía