sofística

sofística

(< lat sophistǐce < grσοφιστική)

s f [FILOS]

Movemento cultural, relacionado coa literatura e a filosofía, que se desenvolveu en Atenas entre o s V e IV a C. Nesta época, o réxime político democrático ateniense facilitou unha loita polo poder que a miúdo se baseaba na habilidade dialéctica, que de xeito moi especial desenvolveron os sofistas. Diferenciáronse dúas xeracións de sofistas: na primeira, onde destacaron Protágoras, Gorxias, Critias e Pródico, a capacidade dialéctica converteuse en oficio e comezou a súa influencia na vida política e cultural de Atenas; e na segunda, constituída por algunhas obras de atribución difícil e caracterizadas por unha maior especialización técnica, influíu notablemente na consolidación da cultura posdemocrática ateniense. Os sofistas desta época foron conferenciantes e funcionarios imperiais con cargos importantes na administración. Este movemento perdurou ata finais da época imperial e determinou, en parte, o carácter escolar e retórico da literatura culta bizantina.

Palabras veciñas

sofico | sofisma | sofista | sofística | sofisticación | sofisticado -da | sofisticar