Sofronio, san
Sofronio, san
(Damasco 560? - Xerusalén 638) Relixioso e escritor. Foi monxe en Exipto (580?) e Palestina (619) e patriarca de Xerusalén (634-638). Autor de numerosos escritos contra o monotelismo, destacaron tamén os seus sermóns e algúns dos poemas de Nadal, Epifanía ou Venres Santo, que pasaron á tradición litúrxica bizantina. A súa festividade celébrase o 11 de marzo.