Tabasco

Tabasco

Estado federado do SL de México, que limita ao N co golfo de México, ao L con Guatemala, ao S co estado de Chiapas e ao O co de Veracruz (25.267 km2; 1.891.829 h [2000]). A súa capital é Villahermosa. É unha rexión chá que non sobrepasa os 200 m de altitude. O clima é tropical e húmido. Con vexetación abundante, a rexión produce toda clase de produtos tropicais. A industria está pouco desenvolvida, só fabrica azucre, augardente, cigarros e xabón. Ten importantes xacementos de petróleo e gas natural. En época precolombina, a rexión estaba habitada por xente de cultura olmeca, que foi absorbida polos maias. Coa independencia, creouse en 1824 o estado da Federación.