Tableau économique
Tableau économique
[LIT/ECON]
Obra de François Quesnay publicada en 1758, onde formulou un modelo de circulación económica mediante a representación dun fluxo de gastos e produtos entre as diversas clases sociais. Estas clases clasifícaas seguindo a análise de Cantillon en agricultores (clase produtiva), propietarios da terra (clase soberana ou clase distributiva) e o resto de individuos de ocupación non agrícola (clase estéril), dentro da que incluía, entre outros, os artesáns e os comerciantes.