tachismo
tachismo
(< fr tachisme)
s
m
[ARTE]
Movemento pictórico creado en Francia en 1950, que consiste na aplicación por parte do artista de manchas de cor sobre a tea dunha maneira completamente espontánea e extremadamente dinámica. O concepto, a miúdo utilizado no sentido de informalismo, emprégase sobre todo en Europa, posto que en EE UU utilízanse outros termos paralelos, como os de expresionismo abstracto ou action painting. Inclúe artistas tan diferentes como B. Dubuffet, J. Pollock, Wols, G. Mathieu, Byren, J. Fautrier, Ossorio, Imai, H. Hartung, H. Michaux, J. P. Riopelle, Sam Francis, M. Tobey, E. Vedova, A. Saura ou A. Tàpies.