Tadeu

Tadeu
[ONOM]

Antropónimo que provén do latín Thaddeus, relacionado inicialmente con thaddayah ‘peito de muller’, pero que se considera adaptación aramea do grego Theodoto ou Theodoro, co significado de ‘agasallo de Deus’. No Evanxeo de san Mateo aparece como Lebbeo, en Marcos como Thaddeo e nos Feitos de Xudas como Xacobe.