tafonomía
tafonomía
(< tafo- + -nomía)
s
f
[PALEONT]
Rama da paleontoloxía que estuda os procesos que converten os organismos mortos en fósiles. Unha parte desta ciencia, a biostratinomía, ocúpase dos procesos posteriores á morte dos organismos e anteriores ao enterramento e, por outra, a fosildiaxénese, estuda os efectos da diaxénese sobre os organismos soterrados, que os converten en fósiles.