tagalo -la
tagalo -la
(< malaio taga ‘indíxena’)
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo tagalo, aos seus individuos ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo tagalo.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo de raza indomelánida que vive en Filipinas, sobre todo na illa de Luzón. Considerado un dos aborixes, é un pobo agricultor. Cun número duns 19.550.000 individuos, constitúen a clase media de Filipinas: comerciantes, financeiros e industriais, entre outros.
-
s
m
[LING]
Lingua malaio-polinesia do phylum áustrico que se fala en Filipinas. Antigamente utilizaba a escritura silábica, pero a partir do s XVI utilizou os caracteres latinos. Posúe unha abundante literatura, popular e culta. Foi declarada oficial en 1946.