talaiot
(<ár hispánico ṭaláya‘)
Monumento prehistórico típico de Mallorca e Menorca que consiste nunha gran torre construída con pedra seca tallada e técnica ciclópea. Ás veces, na cámara interna, presentan unha columna central e, por razóns construtivas, foi habitual que as paredes exteriores se fixeran inclinadas cara a dentro e non verticais. As cubertas podían resolverse segundo o sistema da falsa cúpula, pero tamén con vigas de olivo silvestre. Foron construídos como elementos de defensa en función de conxuntos urbanos, que a miúdo desapareceron ou foron destruídos. Conserváronse diversos centenares repartidos por toda a illa de Mallorca e de Menorca, sobre todo na banda meridional. A cronoloxía, difícil de establecer individualmente, en moitos casos foi ligada á denominada cultura dos talaiots ou cultura talaiótica, pero a maioría parece que foron construídos dentro do I milenio a C.