tálamo
tálamo
(< lat thalămu < grθάλαμος)
-
s
m
[HIST]
Leito nupcial, en linguaxe literaria. Aplicado orixinariamente aos lugares máis internos da casa, a palabra referiuse, xa en época clásica grecorromana, á cámara e ao leito nupcial e pasou a simbolizar as mesmas nupcias e o estado matrimonial.
-
s
m
[ANAT]
Parte do cerebro, formada por dous núcleos de substancia gris, situada aos lados do terceiro ventrículo e por debaixo dos ventrículos laterais. OBS: Tamén se denomina tálamo óptico.
-
s
m
[BOT]
Ensanche terminal do pedúnculo da flor sobre o que se insiren os verticilios florais.
Sinónimos: receptáculo.