TALGO

TALGO
Nome científico: [Tren Articulado Ligero Goicoechea Oriol]

Tren articulado inventado polo enxeñeiro militar vasco Alejandro Goicoechea Omar (Elorrio 1895-1984), que se caracteriza pola súa estrutura articulada triangular, con eixes dirixidos, ligados cada un co anterior por dúas barras que coinciden no seu punto medio, e polo feito de que as rodas, nun mesmo eixe, son independentes. As primeiras probas do TALGO foron efectuadas en 1942 e a primeira unidade entrou en servizo en 1950.

Palabras veciñas

tálero | Tales de Mileto | Tales, teorema de | TALGO | Talía | Talía | Talía