1 talo
(
-
s
m
[BOT]
-
Parte do eixe do cormo das plantas que actúa como órgano de transporte de substancias e auga e como soporte das follas e flores. Ten elementos condutores e xeralmente forma cilindrocónica e simetría radial. Na maioría das espermatófitas presenta xeotropismo negativo e fototropismo positivo. A súa estrutura interna é complexa, a estrutura primaria, que de fóra cara a dentro comprende o cilindro cortical (epiderme, parénquima e endodermo) e o cilindro central (parénquima medular, xilema e floema). Os talos de máis dun ano presentan unha estrutura secundaria, con crecemento en grosor pola acción dos meristemas secundarios (cámbium e felóxeno). O talo pode ser simple ou ben dividirse en ramas, que son talos de segunda orde, que se forman a partir das xemas axilares. Os puntos de inserción das follas son os nós, e a zona caulinar comprendida entre dous nós consecutivos é un entrenó. Os talos poden ser epíxeos, se se desenvolven enriba do chan, ou subterráneos, como os bulbos, os rizomas e os tubérculos.
-
Corpo vexetativo pluricelular dos talófitos formado por tecidos pouco diferenciados.
-
-
[ANAT]
-
s
m
Estrutura anatómica alongada e delgada.
-
talo pituitario
Porción cilíndrica de 4 a 6 mm de lonxitude que une o tuber cinereum co corpo pituitario.
-
s
m