Tamaulipas
Estado de México (79.384 km2; 2.753.222 h [2000]). Limita ao N con EE UU, ao L co golfo de México, ao S cos estados de Veracruz e San Luis de Potosí, e ao O de novo con San Luis de Potosí e con Nuevo León. A súa capital é Ciudad Victoria. Composta por unha inmensa chaira inclinada suavemente cara ao L, está interrompida por algúns montes de tipo volcánico. A súa principal fonte de riqueza é o petróleo e os seus derivados. Posúe minas de cobre, chumbo, ouro e prata. Conquistado por Gonzalo de Sandoval (1522), o territorio formou parte da provincia de Pánuco, primeiro, e de Nueva Santander desde 1748. Converteuse en estado en 1824 e trasladou a capital a Ciudad Victoria. Tomou parte activa durante a revolución a favor dos agraristas no campo e dos constitucionalistas nas cidades.