tangut

tangut
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos tanguts.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo tangut.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo afín ao tibetano que habitaba na rexión do curso superior do Huang He e na vasta área de Kokonor. Coa caída da monarquía tibetana, no s IX, foron adquirindo autonomía, ata crear, ao redor do s XI, o Reino de Xixia, con capital en Zhongxiang. Despois dunha primeira invasión do exército de Xenguis Khan en 1209, o Reino Xixia foi definitivamente conquistado e destruído polos mongois en 1227.

Palabras veciñas

tanguedoiro | tangueleirán -na | tanguer | tangut | Tanguy, Ives | Tania | tánico -ca