tantalita

tantalita

(< tantalio + -ita)

s f [MINERAL]

Tantalio de ferro e manganeso, de fórmula (Fe, Mn)Ta2O6. Cristaliza no sistema rómbico e forma unha serie isomorfa continua coa columbita. Ten un peso específico de 5,19-8,2 e unha dureza de 6-6,5, e é de cor negra parda. Entre os seus usos está o de participar en aliaxes co ferro, para aumentar así a súa resistencia á corrosión e ás altas temperaturas. En Galicia destacan os xacementos de Verín, Laza, Boiro ou Maceda.

Palabras veciñas

Tansillo, Luigi | tantaliato | tantalio | tantalita | tántalo | Tántalo | tantán