tarīqa*

tarīqa*
  1. s f [RELIX]

    Doutrina seguida por un grupo determinado de musulmáns sufís.

  2. s f [RELIX]

    Confraría ou asociación de adeptos desta doutrina. Á fronte de cada unha había un xefe, denominado šay) ou pīr, que velaba polo contido espiritual da doutrina e coidaba da administración dos bens da comunidade. Os seus adeptos reciben diversos nomes como i)wān (irmáns), faqīr ou dar-wīš, segundo os países. As principais foron a baktasitta, a ahmadia e a sanusiyya.