Tártaro
Tártaro
[MIT]
Inferno, na mitoloxía grecolatina. Orixinalmente designaba o lugar onde Zeus relegaba aos Titáns vencidos ou ben a estancia dos ciclopes castigados por Urano. Na Ilíada é un lugar diferente de Hades e, de acordo con Hesíodo, está situado baixo a terra, equidistante desta e do ceo. Ao longo do tempo pasou a designar un máis alá subterráneo onde os culpables debían cumprir o seu castigo.