tarxa

tarxa

(< fr targe)

  1. s f [BÉL]

    Escudo utilizado na Idade Media, que cubría todo o corpo.

  2. s f [ARQUIT]

    Elemento decorativo en forma de escudo.

  3. s f [NUMIS]
    1. Moeda de billón equivalente a un cuarto de real de plata, cuñada en tempos de Filipe II.

    2. Peza de cobre de dous cuartos, nalgúns lugares.