Tatra
Tatra
Grupo montañoso de Eslovaquia, que forma parte dos Cárpatos Occidentais. Divídese en dous macizos separados por unha fosa tectónica que percorre o Poprad e o Váh: ao N, o Alto Tatra (Vysoké Tatry), que ten as máximas altitudes (Gerlachovsky, 2.665 m); e ao S, o Baixo Tatra (Nízke Tatry), de menor altitude.