tauromaquia

tauromaquia

(<

s f

Conxunto de regras e convencións das corridas de touros orixinadas en Castela e establececidas a finais do s XVII que rexen nas prazas de touros españolas e de diversos países de América Latina. A corrida está composta por varios terzos, no primeiro a misión do toureiro é a de parar o touro, chamando a súa atención para que reduza a velocidade e turre contra o capote. A seguinte fase é a dos picadores, no segundo terzo, na que interveñen os banderilleiros. No terceiro terzo vén o toureo de muleta, que é a parte central do espectáculo, na que o toureiro efectúa as mellores posicións de lucimento, para acabar coa estocada da espada.