taxinomía
taxinomía
(< taxi- + -nomía)
s
f
[BIOL]
Parte da bioloxía que clasifica os seres vivos en grupos ou taxons de diferente categoría sen especificar as causas da clasificación. Existen diferentes criterios para clasificar os organismos: a taxinomía clásica separa os grupos de organismos en función de afinidades entre caracteres fundamentais e hereditarios; a taxinomía numérica baséase nos principios de Adanson; e a taxinomía xenética e molecular, denominada ás veces taxinomía experimental, que establece o grao de relación entre os organismos a través da análise do ADN e dos enzimas, e da comparación da composición dos seus compoñentes. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].