teatino -na
teatino -na
(< lat Theatīnus, de Teate)
-
adx
Relativo ou pertencente aos teatinos ou ás teatinas.
-
s
m
[RELIX]
Membro da orde dos cregos regulares fundada por san Caetano de Thiene. Foi creada en 1524 na basílica de San Pedro do Vaticano, coa participación de Giovanni Pietro Carafa, futuro Paulo IV, para a santificación dos seus membros e o esplendor do culto.