Teatro Real
Teatro de ópera situado en Madrid. Orixinariamente (1708) construído pola compañía italiana de Bartoli, en 1818 encargóuselle a Antonio López Aguado un novo proxecto que concluíu Custodio Moreno. En 1850 abriuse ao público como Teatro de Oriente, pero en 1925 desaloxouse polo seu estado ruinoso. Despois da Guerra Civil, reabriuse como sede da Orquesta y Coro Nacionales de España. Desde 1986 Francisco Rodríguez Partearrovo dotouno dunha maquinaria escénica que permitiu reabrilo como teatro de ópera en 1997. Cun aforo máximo de 1.750 localidades e un escenario de 1.400 m2 destaca o salón Goya e o Palco Real, de dobre altura e tripla anchura. A sala do teatro, de catro plantas de altura, pódese percorrer por todo o arredor. Foi declarado BIC (1993).