tectónica
(< tectónico)
-
s
f
[XEOL]
Conxunto de deformacións que afectan as rochas e que producen dobramentos, fracturas ou esquistosidade.
Sinónimos: xeotectónica. -
s
f
[XEOL]
Parte da xeoloxía que estuda as deformacións tectónicas.
Sinónimos: xeotectónica. -
tectónica de placas
[XEOL]
Hipótese segundo a que a litosfera está formada por placas ríxidas que flotan sobre a astenosfera, que é máis plástica. As primeiras teorías xurdiron da observación de que a forma da costa O de África correspondía bastante á do L de América do Sur, o que fixo pensar nunha remota unión entre ambos os dous continentes. En 1912 Wegener enunciou a teoría da deriva dos continentes. O avance do coñecemento do fondo oceánico deu lugar á teoría da expansión dos fondos oceánicos (Hess, 1960), que xunto coa recuperación da deriva dos continentes, fixo xurdir a teoría da tectónica de placas, cuxa principal diferenza coa de expansión dos fondos oceánicos é que supón que os continentes se desprazan xunto cos fondos.