Teglatfalasar III ou Tukulti-apil-Ešarra III
Teglatfalasar III ou Tukulti-apil-Ešarra III
(s VIII a C) Rei de Asiria (745-727 a C). En 738 a C puxo fin ao poder do Reino de Urartu en Siria e Cilicia. No NL bateu unha coalición de catro reis vasalos de Wassurme, gran xefe de Tabal (Cilicia), a quen depuxo en 730 a C. No S impúxose aos arameos de Babilonia e, en 729 a C, conquistou o reino.