TELE 5
Cadea privada de televisión de ámbito nacional que comezou a súa emisión o 3 de marzo de 1991. Nunha primeira etapa, baixo a dirección de Valerio Lazarov, a programación seguiu os criterios da televisión italiana homónima, propiedade de Silvio Berlusconi, caracterizada polos seus contidos frívolos. Os malos resultados económicos levaron a substituír a V. Lazarov por Maurizzio Carlotti (1994), quen potenciou as series nacionais, os informativos e os talk show. Os informativos adquiriron audiencia e máis contidos coa chegada de Vocento ao accionariado da cadea (1996). En 2002, Vocento vendeu a Mediaset un 12% da súa participación, polo que a entidade controlada por Berlusconi, pasou a ser a máxima accionista (52%), xunto con Dresdner Bank (25%) e Ice Finance (10%).