tella
(
-
s
f
[CONSTR]
Peza de arxila cocida, xeralmente curva e un pouco máis ancha dun extremo ca doutro, ou doutra forma que permita unir unha con outras de maneira que formen sobre a cuberta dunha casa ou doutra construción unha superficie pola que poida correr a auga da chuvia sen penetrar no interior da obra. Fabrícanse polos mesmos procedementos que os ladrillos. A tella romana, tella árabe ou tella redonda é curva en forma de canle pero máis ancha dun extremo ca doutro; a tella plana é plana e vai unida xeralmente ás latas con arames e a tella plana de encaixe ou tella alacantina é a tella plana cos cantos moldeados e cortados, de maneira que encaixen unhas coas outras. Cando unha tella romana se dispón coa cara cóncava ollando cara a arriba, denomínase tella canaleira, e se, polo contrario, está disposta coa parte cóncava cara a abaixo, denomínase tella cobertora. As tellas máis grosas ca as ordinarias, que están dispostas no cabalete do tellado denomínanse tellas de cabalete. Denomínase tella seca ou tella solta á tella que non está suxeita con ningún material, senón que se mantén só polo seu peso e pola presión do conxunto.
-
s
f
[GRÁF]
Prancha curvada de chumbo, gravada en relevo pola súa parte convexa, que se adapta a un cilindro da máquina rotativa.