Tellina

Tellina
[ANIMAL]

Xénero de moluscos lamelibranquios, da familia dos telínidos, cun aspecto similar á ameixa. Teñen a cuncha fráxil e algo aplanada, de cor variable, e as dúas valvas ornamentadas con liñas concéntricas. Viven en areais costeiros, desde a liña media da marea ata varios metros de profundidade. Hai exemplares deste xénero no Atlántico e no Mediterráneo; nas Rías Baixas é común a especie T. crassa.