Tempos Novos
Tempos Novos
[PUBLIC]
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de abril de 1997. Subtitulada “Revista mensual de información para o debate”, foi promovida polo Grupo Atlántica de Información e Comunicación de Galicia e dirixida por Luís A. Pousa. Contraria á mundialización, pretendeu fomentar a identidade colectiva de Galicia. Incluíu editorial, artigos de opinión, entrevistas e debates, e análises sobre política, economía, ecoloxía ou cultura. Colaborou no apartado gráfico José Tomás Díaz Teijo.