tenaces

tenaces

(

  1. s f pl
    1. Ferramenta con dúas pezas cruzadas, móbiles e articuladas, unidas por un pasador que se emprega para arrincar cravos, para cortar arame ou para coller ou agarrar obxectos.

      Sinónimos: tenazas.
    2. [MED]

      Instrumento médico, semellante a unhas pinzas, con brazos fortes e cortantes que se emprega para seccionar puntas ou cartilaxes.

      Sinónimos: tenazas.
    3. [ZOOL]

      Artello último das patas dalgúns artrópodos, conformado por dúas pezas en forma de gancho que se poden xuntar para coller cousas.

      Sinónimos: pinza, tenazas.
  2. s f pl [BÉL]

    Manobra militar para illar unha zona inimiga entre dúas forzas propias converxentes.

    Sinónimos: tenazas.
  3. s f pl [CONSTR/BÉL]

    Obra exterior diante da cortina que aparece nunha fortificación. Esta forma un ou dous ángulos obtusos entrantes entre dous bastións.

    Sinónimos: tenazas.

Palabras veciñas

Temüjin | temurà* | ten(o)- | tenaces | tenacidade | tenáculo | Tenāli