Tenda
Tenda
Paso de Provenza-Alpes-Costa Azul, situado no departamento de Alpes Marítimos, Francia, na ruta entre Niza e Turín (1.098 m).
Refráns
- A peor tenda é a baleira.
- A tenda é para quen a atenda.
- Do que está na súa tenda, que non digan que estivo na contenda.
- Non hai peor tenda cá que está baleira.
- Ó que está coidando da súa tenda non se lle achaca contenda.
- O que ten tenda que a atenda e, se non, que a venda.
- O tendeiro e a muller sempre teñen que facer.
- Pon a tenda do que entendas.