Tennessee

Tennessee

Estado de EE UU que toma o nome do río Tennessee (109.152 km2; 5.695.283 h [2000]). A súa capital é Nashville. Limita con Kentucky e Virginia ao N, con Georgia, Alabama e Mississippi ao S, con Carolina do Norte ao L e con Arkansas e Missouri ao O. A industria concéntrase en Memphis, Knoxville, Nashville e Chattanooga, con industrias téxtiles, químicas, metalúrxicas e da madeira. Explorado polos españois e franceses nos ss XVI e XVII, foi ocupada no s XVIII polos colonos de Virxinia e as Carolinas e admitido como estado da Unión en 1796. Durante a Guerra de Secesión formou parte da Confederación Sudista. Máis tarde, en 1886, foi creado o Ku Klux Klan. O seu desenvolvemento económico produciuse a partir da Tennessee Valley Authority.