tensión
(< lat tensĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de tensar.
-
[FÍS]
-
s
f
Integral de liña do vector intensidade de campo entre dous puntos dun campo eléctrico a través dun camiño determinado. Equivale á diferenza de potencial entre os dous puntos e representa o traballo efectuado por unha carga unitaria ao trasladarse dun punto a outro. A unidade de medida é o volt.
-
alta tensión
Tensión superior a 250 V, que está destinada ao transporte de enerxía eléctrica a través de liñas de alta tensión.
-
baixa tensión
Tensión inferior a 250 V que está destinada á distribución de enerxía eléctrica a particulares.
-
s
f
-
-
s
f
[FÍS]
Presión que exerce un líquido ou un gas.
-
tensión de vapor
[FÍS]
Presión que manifesta o vapor saturado dunha substancia en equilibrio coa fase líquida nun recinto pechado.
-
tensión de vapor de auga
[METEOR]
Presión parcial que exerce o vapor de auga contido na atmosfera. O seu valor pode aumentar ata un límite (tensión máxima ou saturante) a partir do que o vapor de auga se condensa ata que o volume da porción que queda en forma gasosa non excede o que é compatible coa tensión saturante.
-
tensión superficial
[FÍS]
Manifestación das forzas de cohesión moleculares dunha substancia líquida ou en disolución, na superficie de separación con outro medio, que tende a conferirlle a forma de mínima enerxía potencial.
-
s
f
[FÍS]
-
[FISIOL]
-
s
f
Presión que exerce un líquido ou un gas dentro do corpo.
-
s
f
Resistencia que ofrecen as paredes dun recipiente á presión dun líquido ou dun gas que contén.
-
tensión arterial
Resistencia que ofrecen as paredes das arterias que é proporcional á intensidade do fluxo sanguíneo.
-
tensión intraocular
Presión dos líquidos ou humores do ollo contra as membranas deste, producida pola continua renovación de líquidos no interior do ollo.
-
tensión muscular
Tonicidade muscular.
-
tensión sanguínea
Presión que exerce o sangue nas paredes dos vasos, dependente da forza do corazón, da elasticidade dos vasos, da resistencia capilar e do volume e a viscosidade do sangue circulante.
-
s
f
-
s
f
[LING]
Calidade das articulacións tónicas que distingue o momento articulatorio culminante, entre a intensión e a distensión, nunha palabra, nunha sílaba ou nun fonema.
-
[TECNOL]
-
s
f
Estado do corpo que experimenta as forzas que o manteñen tenso ou lle impiden contraerse.
-
s
f
Resultado das forzas elásticas que, na masa dun corpo, equilibran os esforzos externos que tenden a alongalo.
-
tensión interna
Conxunto de esforzos, que se anulan mutuamente, existentes no interior dun metal, que se produce como resultado de determinados tratamentos térmicos ou mecánicos.
-
s
f
-
s
f
Desacordo nas relacións entre persoas ou grupos.
-
s
f
Estado mental de inquietude motivado pola presenza de estímulos de intensidade moi alta.