Teoría do Nazonalismo Galego

Teoría do Nazonalismo Galego
[PUBLIC]

Obra de Vicente Risco, publicada en 1920, baseada dun ensaio co mesmo título publicado en A Nosa Terra en 1918. Desde a postura do nacionalismo bioloxicista, afirmou que Galicia é unha nación de seu, en que os alicerces da nación galega estaban na terra, na raza, na lingua, na organización social e no sentimento, feitos diferenciais que conseguiu pór en conexión con valores universais. Asumía así as ideas de Murguía, fundamentadas na raza, ás que engadía o factor da terra. Galicia debía conseguir definir uns dereitos e uns deberes que lle permitiran desenvolverse como nación de herdanza atlántica, entendido como superación do europeísmo mediterráneo. A loita para evitar a desaparición da nación galega correspondíalle á elite cultural galega.

Palabras veciñas

teóretica | teorético -ca | teoría | Teoría do Nazonalismo Galego | teórico -ca | teorización | teorizador -ra