termógrafo

termógrafo

(< termo- + -grafo)

  1. s m [METROL/MED]

    Aparato que rexistra as variacións de temperatura corporal.

  2. s m [METEOR]

    Instrumento meteorolóxico que rexistra dunha manera continua a temperatura. Consiste nunha substancia que se dilata e se contrae coas variacións térmicas, e comunica os seus movementos cunha pluma que inscribe as indicacións sobre unha banda de papel enrolado sobre un tambor xiratorio.